Neste repositorio pretendo recopilar obras literarias galegas de dominio público en formato HTML correctamente etiquetado, para o seu consumo online dende calquera dispositivo.
O proxecto está impulsado baixo as seguintes decisións:
- Cada obra gárdase nun único arquivo. Isto permite consumila offline máis facilmente.
- O formato no que se garda é HTML (nin Markdown nin nada parecido), para poder empregar as etiquetas correctas en cada caso.
- O JavaScript é opcional, débese poder consumir sen el.
Para a construcción do sitio web emprégase Lume.